BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 21/11/2017
Actualidade
02-06-2010

Toda a información sobre a hospedaxe pode consultarse na súa web

ABRE EN FISTERRA O ALBERGUE FINISTELLAE

O albergue Finistellae acaba de abrir as súas portas no centro da vila de Finisterre, final do camiño de Santiago a Fisterra e comezo da ruta xacobea a Muxía. O establecemento dirixido especialmente a peregrinos conta con 20 prazas e ofrece múltiples servizos para unha estancia inmellorable con instalacións novas e adaptadas para minusválidos. Toda a información sobre as comodidades da hospedaxe está dispoñible na súa tamén recentemente estreada web www.finistellae.com -con versión en castelán e inglés-, así como fotos, plano de situación en Google Maps ou propostas de lecer. Outra práctica ferramenta de comunicación a disposición dos usuarios é un formulario de contacto para solicitar información sobre a dispoñibilidade de habitacións. O albergue admite reserva de prazas individual e de grupos sen necesidade de credencial de peregrino. O horario de apertura é de 7:30 a 22:30h, aínda que é posible saír e entrar despois da hora de peche.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca