BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 18/11/2017
Actualidade
27-01-2010

Do 30 de xaneiro ao 28 de febreiro en once locais da vila

RUTA DO PINCHO DE INVERNO EN CARBALLO

O Concello de Carballo organiza entre o 30 de xaneiro e o 28 de febreiro a I Ruta do Pincho de Inverno en colaboración de once locais hostaleiros do casco urbano. A iniciativa dará comezo coincidindo coa celebración do Feirón de Inverno 2010 o último domingo de xaneiro. O horario para probar as tapas que ofertarán os establecementos será de 13:00 a 15:00 e de 20:00 a 22:00h os sábados e domingos. Con cada consumición, ademais dun pincho gratis, os clientes poderán optar ao sorteo dunha cea por valor de 100 euros ou, se completan a ruta por todos os locais participantes, gañar unha estadía no Balneario de Carballo. Os establecementos que toman parte neste iniciativa gastronómica son: Cafetería Habanos 79, Mesón A Cabaña, O Xabarín, Cafetería Baños Viejos, Os Mareantes, Restaurante-Vinoteca Rincón de Elías, Restaurante Bergantiños, O Rincón - Viños e Xantares, Cervecería Dublín Carballo, Café-Vinoteca Ánfora, Cafetería El Juzgado. Moitas das delicias que se poderán degustar incorporan produtos locais coma o pan de Carballo mentras outras, por exemplo, apostan por queixo do Cebreiro con crema de membrillo e noz caramelizada.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca