BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 20/11/2017
Actualidade
31-12-2009

Iº CERTAME DE POESÍA SOBRE OS PENEDOS DE PASARELA E TRABA

Para conmemorar o primeiro aniversario da súa declaración como “Paisaxe Protexida” (11 de decembro de 2008) e para lembrar o compromiso por parte da administración de ter aprobado nun prazo de dous anos o “Plan de Conservación da Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba” convócase o Iº Certame de poesía sobre os Penedos de Pasarela e Traba. O Seminario de Estudos Comarcais elixiu crear un certame de poesía para continuar o labor de grandes escritores galegos que se viron inspirados nesta idílica paraxe, como foi o caso de Eduardo Pondal, Evaristo Martelo, Otero Pedrayo ou Manuel Rivas. O certame establece tres categorías por idade: ata 12 anos, entre 13 e 16 anos e por último maiores de 16 anos con premios de ata 600€. O prazo de admisión de orixinais remata o 10 de Abril de 2010.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca