Proseguindo coas actividades do Nadal organizadas polo concello de Ponteceso celebrarase o día 5 de xaneiro a cabalgata de Reis. As súas maxestades Os Reis Magos de Oriente sairán ás sete da tarde da escola de Tella ata a Praza do Relleno onde recollerán as cartas dirixidas a eles.