BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 23/11/2017
Actualidade
19-03-2001

O proxecto FINISTERRAE, que nacía a principios de 1997 xa é toda unha realidade, e cada día son máis os que lle confían a súa entrada na rede.

CADA DÍA SOMOS MAÍS

Alédanos moito que a xente e as empresas da Costa da Morte creran neste proxecto, que ven de cumprir os catro anos de existencia. Nesta semana queremos presentarlles algunhas iniciativas que veñen a engrosar a oferta que a nosa Comunidade Virtual da Costa da Morte lles ofrece. Desta vez son catro os novos espacios que lles queremos presentar, un deles ten especial significancia, xa que está enclavado nun dos puntos de referencia para todo aquel que visite a Costa da Morte, o Faro de Fisterra. O complexo turístico O SEMAFORO, ofrécelle a posibilidade de aloxarse no Fin da Terra, xantar ben, ou simplemente tomarse un café nun dos dous espacios habilitados, no faro ou no REFUXIO. Outro dos espacios é o restaurante-marisquería O CENTOLO, un dos establecementos que máis sona teñen, e que no mesmo Camiño do Porto de Fisterra, ofrécelle degustar o famoso marisco da Costa da Morte. Tamén en Fisterra se atopa o MARIQUITO, un emblemático local onde pode solicitar unha habitación e pasar momentos de lecer nun ambiente máis que agradable. E como nón, tiña que aparecer nun espacio como o noso, alguén que lle solucionase a vostede a vista á nosa zona, e unha das novas incorporacións é a ideal, VIAXES ALEN, unha axencia de viaxes de Carballo, que se ofrece para buscarlle un hotel, un apartamento, solucionarlle a viaxe en avión, en tren en bus, e calquera outra dubida en canto a como chegar á Costa da Morte, eles serviranlle de punto de información. Son máis os espacios que se están a preparar para darlle a vostede un mellor servicio, e moi pronto saberá deles, xa que coma sempre os manteremos ben informados. Terán a posibilidade de realizar calquera trámite que desexe se é vostede emigrante, xa que tamén temos en conta os moitos habitantes da Costa da Morte que están repartidos polo mundo. Asi mesmo tamén lles daremos a posibilidade de mercar propiedades na nosa zona, gracias a unha forte aposta que está a facer unha empresa da zona pola rede. En fin, cada vez máis... NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER!!!

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca