O Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte será inaugurado o próximo domingo 20 de decembro. O acto público está previsto para as 11:30h. O futuro Museo dos Muíños de Auga está situado na antiga casa rectoral da parroquia de Golmar. Aparte das obras de musealización do edificio, realizadas en los últimos años, tamén se restaurou un hórreo próximo, habilitouse un aparcamento e melloráronse os accesos ao lugar.