BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 24/11/2017
Actualidade
18-12-2009

Terán lugar durante esta fin de semana do 19 e 20 de decembro

FESTA DA TERCEIRA IDADE E CONCURSO DE PANXOLIÑAS NA LARACHA

O Concello da Laracha comeza a desenvolver as actividades incluídas no Programa de Nadal 2009-2010. Durante esta fin de semana vanse celebrar dous dos eventos máis tradicionais e concorridos dos que se organizan por estas datas no municipio. A Festa do Nadal para a terceira idade terá lugar o sábado 19 a partir das 17:00h no pavillón do IES Agra de Leborís. A previsión de participación é de máis de 1.100 persoas. O tradicional Concurso de Panxoliñas, que a partir deste ano levará o nome de María Angeriz Tuset, celebrarase o domingo 20 a partir das 18:00h na Casa da Cultura. Repartirane máis de 1.500 euros en premios. Por outra parte, xa se deron a coñecer os gañadores dos concursos de postais e conto de Nadal.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca