BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 21/11/2017
Actualidade
22-12-2009

FISTERRA É PORTADA DA PROMOCIÓN DE TURGALICIA E XACOBEO

Turgalicia e Xacobeo van levar a cabo durante o Nadal unha campaña de publicidade nas principais televisións de España e Portugal co lema Agora é cando, Galicia é onde, ao obxecto de difundir masivamente o Turismo de Galicia e o Xacobeo 2010 entre o público da Península Ibérica. Esta campaña contará con anuncios nas televisións xeneralistas con máis audiencia de España e Portugal nas que se emitirán máis de 300 spots de televisión, de xeito que en todos os fogares peninsulares teñan ocasión de ver esta promoción do Turismo galego e o Xacobeo 2010. A imaxe de Fisterra aparece como portada desta campaña de promoción na que se lanza a mensaxe para invitar a coñecer Galicia: Todos temos unha razón para celebrar un ano que non se repetirá en once anos. ¿Cal é a túa?

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca