BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 21/11/2017
Actualidade
28-07-2008

Fin de semana de festa en Cabana e Zas

SAN FINS DO CASTRO E FESTA DA CARBALLEIRA

O próximo venres 1 de agosto é día de festa en Cabana de Bergantiños, xa que é o día grande no que se honra ó patrón San Fins, que subiu en procesión o 25 de xullo desde Cesullas ata a capela da carballeira de San Fins. Nesta festa, nomeada pola Xunta de Galicia como Festa Galega de Interese Turístico, os oficios relixiosos da mañá conclúen á 1 coa Misa Solemne, despois da que dará comezo a romaría coa interpretación do “Himno a San Fins” seguido do Berro Seco dirixido polo párroco rematanco co Santo da Pólvora. Para amenizar os xantares e merendas contarase coa presenza de grupos de gaitas desde a hora do café e da queimada ata a verbena da noite cando lle chega o turno ás orquestras Tamarindos e Ría de Betanzos. Esta festa continúa o sábado co día adicado a nosa señora dos Remedios. En Zas tén lugar a XXV Edición da Festa da Carballeira con actuacións na noite do venres e o sábado a partir das 6 da tarde con grupos de baile e gaitas e pola noite cos grupos galegos Fia Na Roca e Luar Na Lubre, os portugueses A Quadrilha e os escoceses Wolfstone e Clanadonia.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca