BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 20/11/2017
Actualidade
21-06-2002

A Universidade de Santiago, Neria e o Concello de Cabana colaboran nesta interesante idea.

XORNADAS SOBRE O CELTISMO EN CABANA

Dende o 18 ó 21 de xullo o mito ou realidade do celtismo galego será analisado nas xornadas que sobre este tema se celebrarán no local social de Neaño, en Cabana de Bergantiños. Cinco serán as áreas a tratar. Na mañán do día 18 analisarase a difusión do Celtismo como paradigma. Pola tarde do mesmo día porase á consideración dos participantes o panorama da indoeuropeización da península en Galicia e o centro peninsular baixo a perspectiva da arqueoloxía e a historia. Este será o tema das xornadas ata a tardiña do venres 19, na que se tratará sobre as institucións indíxenas no caso galego. Na mañán do sábado 20 empezarase ás 10 falando das linguas da Galicia prerromana e ás 12 do mediodía sobre arte castrexa e celta. Xa pola tarde haberá unha visita de estudio ó dolmen de Dombate e ao castro de Borneiro. Na xornada do domingo 21 está programada unha excursión cultural para coñecer a Costa da Morte. O prazo de inscrición remata o 10 de xullo e a cota é de 30 Euros. Para inscribirse diríxanse ao Concello de Cabana ou soliciten información nos teléfonos 981 754 020 do Concello de Cabana, 981 706 028 da Asociación Neria ou 981 559 000 Ext. 12563 da Universidade de Santiago. Unhas moi interesantes xornadas non só para expertos, senón tamén para calquera persoa interesada no mundo celta ou en coñecer máis sobre a nosa historia. Manterémolos informados.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca