BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 20/11/2017
Actualidade
14-06-2002

A 1ª libraría galega en vender por medios seguros na rede renóvase para ofrecer unha tenda on-line de última xeración

LIBRERIA TRAZOS CREA UNHA TENDA ON-LINE

A Libraría Trazos leva vendendo en Internet desde 1998, sendo das primeiras librarías de España que instalou un sistema de pago seguro. Neste afán de satisfacer aos seus clientes, ven de estrear una nova versión da súa tenda de internet … www.libreriatrazos.com … esta tenda conta cunha tecnoloxía punteira, cuio desenrolo é 100 % galego. Demostramos así mesmo que dentro de Galicia tamén se poden desenrolar proxectos punteiros como é neste caso un espacio de comercio eléctrónico. A tecnoloxía de implementación da web así como o carro da compra e os progrmas de xestión dos pedidos foron desenrolados pola firma carballesa Abertal Comunicacións; a pasarela de pagos é a de Caixa Galicia, a cal foi escollida como unha das máis eficaces, despois de todos estes anos de experiencia; así mesmo o servidor é galego, co cal se completa o ciclo e desde Galicia puidemos crear un espacio que compite con calquera outra librería do mundo nas mesmas condicións. Agora dan un paso máis, e efrecen toda a súa base de datos para que a teña accesible desde o seu computador. Máis de 30.000 libros en galego e castelán, arquivados por categorías, e cun buscador que lle permite localizar os libros tanto polo seu título como polo seu autor ou polo seu ISBN. Segundo Trazos, non crearon só unha base de datos, senón que ofrecen información detallada de moitísimos libros, e incluso unha SALA DE LECTURA, onde pode vostede ler anacos dos libros máis interesantes da libraría. Neste novo Site, tamén pode conseguir vostede o listado de todas as obras dun mesmo autor; ou mesmo de todos os títulos publicados por unha editorial, simplemente cun clic. A verdade é que ofrecen unha web sinxela de usar, cunha fluida navegabilidade e sobre todo, que ofrece seguridade para a compra. Ofrecen duas modalidades, pago por tarxeta ou pago contrareembolso. Todos os pedidos da libraría on-line contan cun 5% de desconto, e se o seu pedido é superior a 50 Euros, os gastos de envío son grátis a calquera punto de España. Contan tamén cun servicio de atención ó cliente que lle resolverá calquera dúbida... Librería Trazos Rúa da Pena 1 15270 Cee (A Coruña) Tfno: (+34) 981 745800 Fax: (+34) 981 70 60 11.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca