BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 18/11/2017
Actualidade
07-06-2002

Acabamos de descubrir na rede unha guía turística da Costa da Morte cunha calidade excepcional.

INCRIBLE, A MELLOR GUÍA TURÍSTICA DA COSTA DA MORTE NA REDE.

Segundo comentan os seus autores, é unha iniciativa que xurde do sector turístico, e que non conta con apoio algún de institucións. Esta extraordinaria web ofrécemos unha visión máis da Costa da Morte, a verdade é que non debe vostede de perderse este espacio, tanto polo seu deseño como polo seu contido. Agora mesmo a Costa da Morte xa ten unha presencia na rede moi importante, desde o noso punto de vista, xa hai demasiados espacios para o que a nosa zona da de si, pero tamén o podemos englobalo no xeito diferenciador dos galegos, que nos leva a facer pequenas leiras en vez de realizar espacios grandes e ben coexionados que dean froito para todos. O primeiro espacio sobre a Costa da Morte foi www.finisterrae.com, o que vostede está a ver, despois saíu á luz toda a información que ofrece a Deputación da Coruña. Na zona do sur contamos desde fai anos cun espacio moi traballado que está realizado con moitísima ilusión pola xente de Louro. Destacou a saída de www.corcubion.com, que promove ideas moi novidosas, a parte de ter un deseño e tecnoloxía moi bos. www.camelle.net xa cumpriu un ano, e está a piques de mudar a chamarse www.costadamorte.net, outro espacio máis para promover a Costa da Morte. Saíron asimesmo espacios adicados exclusivamente ó deporte, como www.onosodeporte.com, e o espacio da liga da costa de corcubion.com. A Asociación Neria tamén creou pola súa banda unha web para promocionar a Costa da Morte, e que segundo nos comentaron, teñen pensado usar como plataforma para dar a coñecer as actividades da asociación e tamén para crearlle espacios ós seus asociados. Nestes días pasados tamén se presentou www.costadelamuerte.com, un espacio promovido polo propietario do Pazo do Souto, un dos establecimentos pioneiros na rede en Galicia, e que ten unha longa experiencia neste campo, e así se demostra na súa cuidada web. Si sumamos a todo esto os espacios oficiais dos concellos e todas as páxinas de asociacións e outras que vostede pode buscar arriba no noso buscador... Pois eso, con www.costameiga.com xa ten vostede unha oferta do máis variada, de feito hai poucos espacios xeográficos de Europa que ofrezan tal abanico de posibilidades na rede. Estamos seguros de que esto vai a redundar en que a nosa zona se convirta, aínda máis, nun lugar turístico por excelencia. Como ben din os creadores desta web, a Costa da Morte debe concebirse como "unha alternativa de turismo diferente, intelixente e privilexiada", o turismo de calidade que todos reclamamos para a Costa da Morte.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca