BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 18/11/2017
Actualidade
31-05-2002

Un documental revive o afundimento do Serpent fronte as costas de Camariñas.

SERPENT - TITANIC

Juan Campos, autor dun libro editado por Juventud de Barcelona e que analiza o afundimento do HMS Serpent, é tamén o presentador dun documental que relata a traxedia do buque británico na Costa da Morte. Fai 112 anos o torpedeiro inglés afundía na costa de Camariñas. O balance, 170 persoas mortas e só 3 superviventes. 50 corpos enterrados no que hoxe se coñece como o Cemiterio dos Ingleses. O veredicto da Court of Enquiry concluíu que o Serpent fora a pique por un erro de navegación; pero o certo é que aquel luns, 10 de novembro de 1.890, o mar estaba bravo, con olas de ata 12 metros. ¿Cal foi, pois, a verdadeira causa do seu afundimento?. O documental, froito dunha traballada investigación e empregando innovadoras técnicas de filmación, como as imaxes en 3D, reconstrúe a traxedia analizando cuestións como as planteadas anteriormente. As canles de televisión TVG e Discovery Channel xa se mostraron interesadas no documental. Agora só nos resta esperar á súa próxima estrea para revivir a odisea do Serpent, non sei se co dramatismo de Titanic. -------------------------------------------------------------------------------- ¿RESTAURACIÓN DE DOMBATE PARA O VERÁN?. A Deputación prevé comezar cara o verán as labores de reconstrucción do dolmen de Dombate. Na última reunión dos redactores do plan director e o responsable de patrimonio da Deputación, logo de ver o estudio sobre a situación actual de Dombate, acordouse encargar outro estudio para a restauración do dolmen e o seu entorno. parece que será necesario substituír unha das lousas por unha estructura de aceiro, dada a perda definitiva de algúns elementos da estructura do monumento. Acordouse tamén que a Escola de Enxeñeiros de A Coruña se encargara do deseño da cúpula coa que se protexerá o dolmen. Finalmente virá a recuperación do entorno, logo de novos estudios e informes e da aprobación por parte do concello de Cabana. Despois de 2 anos e numerosos estudios e informes a ver se esta vez si que si.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca