BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 21/11/2017
Actualidade
27-12-2007

As concursantes malpicanas de "Buscando estrelas", vencedoras do concurso

ESTRELAS DE BERGANTIÑOS

Susana García Gómez e Noelia Freijeiro Joven, de Malpica, proclamáronse gañadoras da primeira edición do concurso "Buscando estrelas", na categoría de música tradicional. Na gala final, as mozas, que representaban á comarca de Bergantiños, tiveron que competir por última vez coas outras finalistas, Ángela Costa e Silvia Costa, de Terra de Soneira. "Buscando estrelas" é un concurso presentado por Beatriz Manjón e Tacho González, orientado á atopar novos talentos galegos no ámbito do baile, o humor e a música tradicional. O programa emitiuse todos os mércores dende mediados de setembro na TVG.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca