BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 23/11/2017
Actualidade
04-09-2007

Micoloxía e rutas en coche para toda a familia

ACTIVIDADES DE NATUREZA NA COSTA DA MORTE

A oferta de lecer na Costa de Morte medra con dúas novas propostas para este outono. A empresa de turismo alternativo Meigalicia ven de presentar as súas actividades para a tempada, entre as que atopamos un curso de micoloxía e unha ruta guiada en coche. Os amantes das setas están de noraboa, pois poderán gozar destes manxares durante catro días no entorno de Soesto (Laxe). O curso inclúe saídas ao campo, ponencias, degustación e estancia en casas rurais. Doce horas de ruta guiada en coche pola Costa da Morte é a proposta para os máis aventureiros. O percorrido partirá de Carballo para atravesar as comarcas de Coristanco, Ponteceso, Cabana e Zas. Esta actividade tamén inclúe aloxamento nunha casa de turismo rural. Como vedes, este outono non hai excusa para quedar na casa.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca