BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 18/11/2017
Actualidade
29-12-1997

Os nosos sinais de identidade a estudio.

ELIXIDA A COSTA DA MORTE COMO SEDE DUN CONGRESO INTERNACIONAL DE SEMIOTICA.

Os tempos son chegados para que se coñeza en todo o mundo a nosa historia escrita en pedra e en tempo. Non puideron escoller mellor a sede deste congreso, xa que de seguro os asistentes descubrirán unha maneira de vivir co contorno distinta a dunha grande urbe, onde todo se subscribe aos sinais comerciais ou impostos. Neste noso recuncho que é a Costa da Morte ainda queda sitio para a maxia e o imposible, que se preserva na xente, que mira ao seu redor e non ve só cos ollos, senón tamén coa imaxinación, e onde calquera foráneo tan só ve un cumio pelado dunha montaña, el ve o respeto, o medo, o poder, o inalcanzabel. É dicir, pode chegar a ver no Monte Pindo o Olimpo do Celtas. De seguro que os insignes asistentes non poderán olvidar facilmente unha zona tan chea de significados. Oitocentos especialistas entre os que destacan UMBERTO ECO, VARGAS LLOSA, JEAN BAUDRILLARD, UXIO ROMERO ou o mesmo GABRIEL GARCIA MARQUEZ, visitarán en setembro de 1999 os lugares de Corme, Camariñas e Fisterra. Un dos temas a tratar nestas xornadas será a Apocalipse. Que mellor que un dia bravo como os que estamos a ter, vendo o noso mar que vén a bater con forza para rachar a impertérrita Costa; con esta posta en escea impresionante, será dificil que do maxín do ponente xurda algo mellor para explicar o kaos ou o fin. FISTERRA, VIN O FIN ENTRE O TEU MAR E A TUA TERRA. (un de tantos levados polo mar)

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca