FESTIMEIGAS
Carballo Rock Solidario
 
Festival a beneficio dos disminuidos físicos, psíquicos e sensoriais. Para a súa integración.
 
 
 
 
Coincidindo co espléndido momento creativo e interpretativo que está vivindo a muller no panorama da música actual, a organización do III FESTIVAL CRUZ VERMELLA confecionou un cartel de artistas que traballan, e o fan coas súas mellores armas creativas e interpretativas, por lograr unha identidade frente ós prexuízos cotidiáns. Ademáis do fin deste FESTIMEIGAS 98, recaudar fondos a beneficio dos disminuidos físicos, psíquicos e sensoriais que permitan a súa integración na sociedade, o atractivo cartel de artistas que se ofrece, promete un CARBALLO ROCK SOLIDARIO de altas prestacións artísticas de variada índole estilística dende o punk afilado, voces ácedas e atormentadas das B-Violet, unha das bandas revelación do 97, ata o rock de garaxe de Las Best Tias, pasando polo latín jazz, funk con bases house e hip-hop de Marta Ruiz, organista e compositora de Sex Museum que xunto á raíña das DJS, Paz Corral, forman a dúo Elektrolux, ou a voz espléndida chea de feeling, profunda e desgarrada de Ana de Andrés (ex cantante e baixista de Los Cardíacos), sen olvidar á DJ Sonia Domínguez que ós seus 25 anos e coa carreira de enxeñería de Telecomunicacións case rematada irrumpe como unha bomba no mundo da electrónica e das pistas de baile. Indra, un grupo de catro adolescentes de Oviedo de 14, 15, e 16 anos e a saxofonista de Carballo María Rodríguez, completan este fenomenal cartel de FESTIMEIGAS 98. 

contacta connosco 
(TERÁS MÁIS INFORMACIÓN CHAMANDO Ó 909 88 80 03). 
 

Organiza:
Cruz Vermella Xuventude
 
Colaboran:
Concello de Carballo
Asociación de Minusválidos Íntegro
Aspaber
Pubs de Carballo
Juancho López y Humberto Pena
 
Pabellón Polideportivo Bergantiños
1 de agosto de 1998
9 Noite
CARBALLO (A CORUÑA)
 
Precio entrada:
       800 pts venta anticipada
1.000 pts en taquilla
 
III FESTIVAL CRUZ VERMELLA XUVENTUDE