BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 23/11/2017
NAUFRAXIOS DE FISTERRA
Mapa e descrición
  • Mapa

28 Novembro 1596
Vinte baxeis da flota da Armada española, comandada por Martín de Padilla, afundíronse nun violento temporal na entrada da ría de Corcubión, causando 1.706 mortos. O desastre aconteceu oito anos máis tarde e en idénticas circunstancias que o célebre episodio da Armada Invencible, cando os españois marchaban combatir contra Inglaterra.

7 Setembro 1870
O acorazado inglés HMS Captain foise contra o Centolo morrendo 482 persoas. É o maior accidente coñecido na era moderna neste litoral.

25 Agosto 1878
O mercante inglés Bitten naufraga na noite contra o Centolo, falecendo 10 dos 12 tripulantes.

19 Xuño 1882
O cargueiro inglés Sunrise afúndese nos baixos de Fisterra. Un mariñeiro fisterrán e os seus dous fillos de doce anos salvan a 33 mariñeiros cunha barca de remos.

31 Xuño 1903
Colisión a dúas millas do Cabo Fisterra entre o barco sueco Svtpord e o inglés Tang Castle. Tódolos mariñeiros suecos morren atrapados.

1 Xuño 1907
Por mor da brétema, estrélase contra o con da Carraca o cargueiro inglés Denewell, a unha milla da praia do Mar de Fóra.

12 Xuño 1932
Nunhas maniobras militares, o barco da Armada española Blas de Lezo rasca os baixos do Centolo, afundíndose posteriormente.

31 Marzo 1951
Rachan á altura do Cabo Fisterra os cabos do remolcador holandés Hudson, que arrastraba ao buque inglés Ulster Duke. O Ulster Duke destrózase contra o Bufadoiro. Só queda un supervivinte.

5 Decembro 1987
O mercante Casón afúndese na praia do Rostro, cun cargamento de sustancias tóxicas non identificadas. Morren 23 tripulantes intoxicados. Evacúanse as vilas de Fisterra, Corcubión e Cee, con afeccións respiratorias e cutáneas entre os habitantes.

Hemeroteca