BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 18/11/2017
O NAUFRAXIO DO SERPENT

Por Quique García

Serpent

Era unha noite de mar embravecido. A tripulación do Serpent non podía decatarse do perigo que se lles aveciñaba. O buque-escola inglés convertiríase na máis célebre das víctimas da traizoeira Punta Boi.

Tralo esfarelamento contra os baixos do Boi, o barco é inmediatamente comido polas xigantescas ondas, que cuspen con vida ás praias da enseada de Trece a tres dos 175 tripulantes do buque-escola. Estes supervivintes, no deambular nocturno na percura de axuda, chegan á parroquia de Xaviña, onde reciben todo tipo de atencións por parte dos habitantes.

A poboación mobilízase para cumplir co cristiano deber de recupera-los corpos. O chegaren a Trece, o espectáculo co que se atopan é dantesco: toda a costa está chea de restos do barco e de cadáveres. Nove días despois, saía da Coruña o Lapwing, que esperou a orde da autoridade eclesiástica para consagra-lo cemiterio onde se enterrarían as víctimas, o "Cemiterio dos Ingleses". Unha vez feita esta ceremonia, o Lapwing lanzou unha salva en gratitude a este lugar das terras camariñanas pola súa heroica actuación.

Agasallos

Para amosa-la gratitude por este comportamento, o Almirantazgo agasallara cunha escopeta ó Párroco de Xaviña, cun reloxo de ouro ó alcalde de Camariñas, e para o Concello, como representación do pobo, cun barómetro que aínda se pode ollar na fachada dunha casa próxima ó peirao. Como memoria do Serpent tamén consérvase o seu mascarón de proa.

Durante os anos posteriores á traxedia, o Almirantazgo inglés ordeaba lanzar unha coroa de flores diante do Boi a un barco da Armada enviado especialmente para este cometido. Ata os anos 1950, cando un barco de guerra inglés pasaba por diante desta costa, disparaba as salvas de ordenanza en sinal de dóo.

Outra versión deste naufraxio dáno-la Ramón Allegue, autor do libro "Mar Tenebroso" ; Segundo este escritor, o Goberno inglés tiña a necesidade de enviar unha grande fortuna para o seu exército colonial, así como novos suboficiais para relevar ás tripulacións doutros barcos en Africa do sur. Nesta misión, debido ó valioso cargamento, o Serpent sería escoltado polo Lapwing.

Os raqueiros británicos, moi introducidos nas altas esferas do seu país, e vendo a súa rendabilidade, avisaron ós raqueiros galegos. Estes raqueiros actúan e consiguen apaga-lo faro Vilán, de xeito que o Serpent pérdese contra a Ponta Boi. O mar estaba tan bravo que nen os raqueiros podían chegar ós restos do barco. O Lapwing, que ía uns quilómetros por diante, dou volta ó non ver ó Serpent.

Heroicidade

Cemiterio

Pasado o desastre, o Mac Mahon fica vixiando os restos do naufraxio. O Lapwing volta con outro barco, o Sunfly, e conquiren recuperar un cofre cheo de moedas de ouro. Pero días despois, ó decatárense de que faltaba outro arcón, o Lapwing voltou de novo a Camariñas. O hermetismo do Goberno británico non permitíu sabe-la existencia dos dous cofres e, non achando o segundo arcón, desculpouse a volta ó lugar do naufraxio polo agradecemento á heroicidade das xentes de Camariñas.

Hemeroteca