BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 21/11/2017
CASTO M. INSUA

(Fisterra, 1888 - Bos Aires, 1938)

CASTO M. INSUA

Activo dinamizador, intelectual e fondamente comprometido coa causa do galeguismo, Casto M. Insua, logra moi pronto introducirse na maior parte das máis relevantes asociacións da representación galega bonaerense.
Tal é así que, o seu inxente dinamismo tanto no terreo social como político, lévao a presidir entidades de vital importancia como a Casa de Galicia (S. José 224). Asemade, dirixe desde a súa creación, en 1926, a revista Alborada, e funda posteriormente a Sociedad Finisterre en America.

Casto M. Insua, segundo os que o coñeceron e trataron en persoa, destacouse sempre pola súa defensa vigorosa dos valores democráticos e de respeto, así como pola súa profusión na defensa da nosa cultura.
Morre en Bos Aires (Arxentina) no mes de agosto de 1938, sendo presidente da Casa de Galicia.

Entre o 7 e o 18 de outubro deste ano 1998, a comisión de investigación Casto M. Insua, realiza un acto de homenaxe.

Dixit

"Nuestro espíritu no logra todavía hacerse a la dura realidad de que Casto Ínsua se ha ido para siempre"

Noticiero Español, 11 de septiembre de 1938


"Casa de Galicia pierde su puntal más fuerte, sus amigos un consejo fiel, la colectividad gallega pierde uno de sus mejores valores..."

Sr. Nantes, presidente de Casa Galicia


"Xa estás, irmán, no silenzo eternal, á beira dos centros e miles que deron a vida pola causa túa e nosa. Estás cos precursores e cos mártires, nos nosos ollos e nas nosas voses, na xa cercana hora magnífica da liberazón da Nosa Terra.".

Rodolfo Parada, en nome do Partido Galegista

Hemeroteca