BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 23/11/2017
URBANO LUGRÍS

Sobrio pintor do Mar de Malpica

Urbano Lugrís

A figura e a vida do artista Urbano Lugrís (A Coruña, 1908 - Vigo, 1973) está rodeada dunha áurea de incógnita e descoñecemento. Naceu por volta de 1908, fillo do egrexio galeguista Manuel Lugrís Freire, presidente da Real Academia Galega. Creador polifacético, mantivo unha intensa vida cultural colaborando con persoeiros e intelectuais hispánicos da talla de Dieste, Laxeiro, Lorca, Alberti...
O seu estilo pictórico traza semellanzas con surrealistas como Magritte ou co metafísico Chirico, creadores igual que el de visións oníricas e de espacios moi persoais. A súa obra está fortemente influenciada polo imaxinario céltigo e pola predominancia de temas mariños.

Amou a Bergantiños gracias a poesía de Pondal, ao que coñecera persoalmente da man do seu pai nas tertulias galeguistas da Cova Céltiga da Coruña: Así, en 1951 desprazouse a Malpica durante catro meses para decorar a Casa do Pescador. Neste tempo da súa vida, Lugrís foi definitivamente engaiolado por Bergantiños, pasando as horas nas enxebres tabernas e cantando no coro.

Brúxula

A rosa dos ventos agarda ao visitante no bar do Pescador de Malpica, á beira dun mapa da Costa da Morte, obra do malpicán Chunguito, aquel mozote a quen Lugrís lle regalou a súa paleta de pintor.


Malpica de Bergantiños,
O Rei che quixo vender :
Para comprar a Malpica
moitos cartos hai que ter.


Inspirado pola vida mariñeira de Malpica, o pincel de Lugrís legou aos muros da Casa do Pescador cinco frescos e tres trípticos. O cinco frescos conservados na Casa do Pescador son unha homenaxe á paisaxe das illas Sisargas e ás virís xeracións de mariñeiros de Malpica. Os murais posúen todos a mesma composición, baseada na conxunción dun poético texto coa imaxe de xanelas abertas sobre unha paisaxe marítima, co mesmo estilo que as lendas inscritas nos exvotos mariños.

Hemeroteca