BUSCADOR






24� Ano - 5� Época - 09/07/2020
JOSÉ RAMÓN INSUA TRAVA

Naceu o 9-1943 en San Salvador de Duio, Fisterra

José Ramón Insua Trava

Nesta vila estudou o Ensino Primario e Medio, por libre, obtendo o título de Bacharel Superior, logo de superar dúas reválidas, sen saír de Fisterra. Un Mestre Nacional dáballe clases de certas materias e as demais estudábaas só.

Cursou dous anos de Enxeñaría Técnica en Vigo e no servizo militar fíxose Cabo Segundo Amanuense recibindo a Cruz de Prata ao Mérito Naval. Tamén durante o servizo militar preparou e presentouse ás oposicións de Técnicos en Sinais Marítimos, obtendo o Nº 2.

Xa no faro da Torre de Hércules da Coruña, obtivo o título de Técnico Especialista en Electrónica de Comunicacións e cursou dous anos máis de Informática así como numerosos cursos por correspondencia e en Academias especiais desta cidade.

Para máis información:

JOSÉ RAMÓN INSUA TRAVA ©
Avda. de Hércules, 152, B - D
15002 A Coruña
Telf: 981904317

Hemeroteca