BUSCADOR






24� Ano - 5� Época - 22/01/2020
AS ARAS SESTINAS

Por: José Ramón Insua Trava

Debo confesar o meu innato e irracional escepticismo cos xeógrafos grego-romanos.

Estes geógrafos cando escriben sobre Galicia, adoitan describir terras que non visitaron persoalmente. Os seus relatos teñen un marcado carácter propagandístico a favor de Roma e considero que a romanización de Galicia foi máis económica que cultural.

En cambio, paréceme sólido o argumento das Aras Sestinas a favor do culto ao emperador Augusto en Galicia, levantadas por Lucio Sestio ao finalizar as Guerras Cántabras. As referencias literarias son moi abundantes. Mela, Plinio, Ptolomeo e o Ravanete falan delas pero sen estar de acordo en canto á localización das mesmas, feito nada estraño polas razóns apuntadas ao principio.

Mela colócaas en Asturias mentres que Plinio e Ptolomeo fano no litoral galego. Plinio ao norte do Río Tambre e Ptolomeo entre o Promontorio Nerio e na actual cidade da Coruña.

Este Promotorio Nerio, Céltico ou Artabro identifícase co Cabo Fisterra ou Cabo Touriñán. Así, as Aras Sestinas estarían entre Fisterra e A Coruña. SUPONSE que eran tres aras situadas unha no cabo Fisterra, outra no de Touriñán e a terceira no de Vilán que vén ser o tres puntos máis extremos do litoral galaico.

O Ravanete colócaas entre Tourón, parroquia de Ponte Caldelas, e Caldas de Reis. O feito de que tanto Plinio como Ptolomeo, posteriores a Mela, non sigan a localización deste, demostra que manexaron outra fonte de información máis lóxica. Parece indubidable que as Aras Sestinas existiron, aínda que a súa localización non é segura.

O culto ao emperador existiu pronto en Galicia para introducir unha dependencia relixioso-social. Era preciso crear e canalizar os sentimentos carismáticos de admiración por Augusto, conquistador e pacificador do mundo coñecido. A fin principal dos concilios era a celebración do culto imperial. Consistía nunha procesión que terminaba ante o altar imperial, sacrificios, ceas públicas, certames, espectáculos e xogos circenses tinguido todo o un carácter de promoción política dos cargos públicos, asfixiante. Levantábase o prestixio dun Augusto avasallador, vitorioso: un deus humano.

A acción de L. Sestio encaixa dentro do ambiente psicolóxico do momento ao acharse Augusto no apoxeo da súa gloria. L. Sestio foi cónsul no ano 23 a.c., e segundo García Bellido fora legado de Augusto na Guerra Galaica. Segundo Syne foi legado de Galicia e Lusitania no ano 19 a.c. Non é aventurado consideralo partidario de tal Emperador.

Por outra banda, a tripla coincidencia dos geógrafos citados, próbase suficiente sobre a existencia das Aras Sestinas e por iso considéraselles unha realidade histórica.

Con todo, non existen comprobantes epigráficos, arqueolóxicos ou toponímicos, Illas Sisargas, claros da existencia de tales aras.

A cristianización de Galicia (o culto ao emperador sacrificou a moitos cristiáns), produciu unha forte reacción contra este culto a partir dos emperadores Cosntantino e Teodosio. Doutra banda, o priscialianismo tamén contribuíu á eliminación de todo vestixio do devandito culto imperial. Razóns de peso que puideron causar a destrución das Aras Sestinas.

Hemeroteca