BUSCADOR






24� Ano - 5� Época - 09/07/2020
A PESCA DA BALEA NA COSTA DA MORTE

Por: Fernando Cabeza Quiles

A PESCA DA BALEA NA COSTA DA MORTE

Parece que a violencia do mar da Costa da Morte conviña aos xigantescos peixes. O Licenciado Molina na súa Descripción del Reyno de Galicia, escrita sobre o ano 1550, faise eco, referíndose ao porto de Caión, da virulencia do porto bergantiñán e da súa abundancia en baleas, e relata que os enormes mamíferos acercábanse a estas costas debido á bravura do mar e a que son portos altos que é comunmente onde acoden as baleas. Comenta tamén o ilustre andaluz na súa Descripción a rentabilidade aceiteira desta industria e pronúnciase sobre o tempo preferente das capturas, que tiñan lugar principalmente nos meses de xaneiro e febreiro.

A PESCA DA BALEA NA COSTA DA MORTE

Nos meses fríos do ano fixa igualmente o cardeal Jerónimo del Hoyo a tempada baleeira de Bergantiños. Nesta poboación conservábase, segundo Carré Aldao, ósos xigantes destes animais, que servían de pousadeiras e asentos nos que descansaban os vellos mariñeiros.

A PESCA DA BALEA NA COSTA DA MORTE

En Malpica estivo tamén o observador Jerónimo del Hoyo, quen nos primeiros anos de 1600 di: Esta vila é o porto de mar onde se pescan máis baleas de todos os de Galicia. En Malpica, sen dúbida o centro baleeiro máis importante da zona, é de destacar a aparición de grandes ósos de balea con ocasión do derrubamento dalgunha casa antiga. Tamén, e segundo a Sociedade Galega de Historia Natural, ósos alargados do cetáceo serven ou serviron até hai pouco como vigas de tellado dun muíño das proximidades.

Outro detalle que vincula a Malpica coa caza de baleas está na illa Malante das Sisargas, cuxa parte máis alta, chamada Ou Pico do Atalaieiro, nos fala da presenza no lugar dun ou varios atalaiadores, que eran os vixiantes encargados do seguimento dos grandes cetáceos.

A REGUEIFA, Revista Cultural de Bergantiños
Ano 1988, número 4

Hemeroteca