BUSCADOR






24� Ano - 5� Época - 22/01/2020
OS TRABA

Por : Afonso Xabier Canosa Rodríguez

Urraca

Na nosa historia poucos momentos brillan tanto como a Idade Media, cando o esplendor cultural de Galiza crea un dos cumios líricos da historia da humanidade. Os Traba teñen o seu punto álxido nos séculos XII e XIII. A familia exercia o dominio sobre uns territorios que abranguian múltiples comarcas galegas e terras no estranxeiro, e supón un dos puntos de apoio máis importantes do Reino galego.

Na época de maior esplendor dos Traba a súa influencia era tal que non só poñian reis en Galiza senón que os reis galegos chegaban a ocupar o trono de León. É o caso Afonso Reimundes, Afonso V da Galiza, nomeado rei o día de Santa Comba de 1111 por Pedro Froilaz, conde de Traba, e dous anos máis tarde ratificado polo bispo Xelmírez.

Noso Rei Afonso sería posteriormente tamén rei de León (Afonso VII de León na historiografía oficial española, Afonso V na liña dinástica galega) e a súa coroación supuxo unha batalla entre os intereses galegos, representados polos Traba, fronte aos mesetarios. O conde de Traba venceu ás forzas de Alfonso I o Batallador, Rey de Aragón e de Navarra (a Historia Compostelana chamalles "Celtíberos") "con moi grande deshonra" para os navarro - aragoneses.

O fillo do Conde Pedro Froilaz tomará o título de Conde de Trastámara, iniciando unha nova dinastía. O nome de Trastamara provén dunha treba da Idade de Ferro coñecida coma os Celtici Supertamaricos que comprende as terras dos Traba: as comprendidas entre Carnota e Ortigueira (Nemancos, Céltigos, Barcala, Vimianzo, Dubra, Bergantiños...)

Na dinastía dos Traba encontramos aos grandes mecenas do nosos trobadores, personaxes influíentes nas cortes da Península, e protectores de reises cun poder que chega moito máis alá das fronteiras galegas.

Hemeroteca