BUSCADOR






24� Ano - 5� Época - 09/07/2020
A RAIÑA LUPA E SANTIAGO

Señora do Finisterrae

Torres

Protexida pola escuridade da noite, unha barca sen leme tripulada por catro homes achegábase ás costas de Galicia. A embarcación guiábase soa dereita cara a entrada da ría, onde escolleu parada nunha pequena praia. Os homes saltaron a terra, amarraron a barca, e tiraron dela un corpo sen vida envolto nun branco lenzol : o Apóstolo Sant-Iago.

En busca dun lugar axeitado para lle dar nobre sepultura ao discípulo de Cristo, dous dos homes outearon ao lonxe un magnífico castelo. Ata aló tomaron camiño e, ao chegaren, demandaron ver ao señor da citania.

Os servos de Sant-Iago foron conducidos diante da Raíña Lupa, céltiga señora das terras do Fin do Mundo que, anque ao principio interesouse pola historia dos cristiáns, mandounos finalmente prender por mor da súa soberbia.

Pola noite, ao estaren os encadeados cristiáns pregando axuda ao seu Deus, un neboeiro luminoso e estrelado abriu miragrosamente as portas da prisión e os presos puideron escapar.

Ponte

Decatándose os do castelo da fuga noitébrega, marcharon á procura dos fuxidos mais, ao pasaren os soldados da Raíña Lupa por unha ponte, esta afundiuse matando as pedras e a riada a todos os perseguidores.

Os cristiáns voltaron daquela cas Lupa e advertírona outravolta do poder do seu Deus :

- Vaiche ser mellor que nos axudes. Precisamos un carro e unha parella de bois para levar ao noso Señor Sant-Iago.

A porfiona Raíña Lupa burlouse outra vez deles dándolles unha parella de touros bravos no canto dos bois pero, a sorpresa foi xeral ao observar cómo os touros se deixaban xunguir mansamente.

Dise que, desde entón, admirada de tantas miragres, a Raíña Lupa converteuse ao cristianismo e mandou derrubar os lugares céltigos de culto coma o Ara Solis.

Hemeroteca