BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 14/11/2019
AS ARMAS DE GALICIA

Por: José Ramón Insua Trava

No século XII, naceu no pobo unha gran devoción eucarística.

Os sagrarios contiñan reixas para que os crentes poidesen ver o copón que contiña a Eucaristía. A crecente adoración unida ás poucas veces que se podía comulgar produciron nos fieis a necesidade de ver a hostia.

Con todo, por un antiquísimo privilexio concedido á Catedral de Lugo, esta expuña permentemente o Altísimo.

No século XV, créase o escudo de armas de Galicia e, debido ao citado privilexio, escolleuse o copón ou cáliz pechado para o mesmo.

A pesar de que as custodias en forma de torre xa existían no XIV e XV, nas primeiras manifestacións das armas de Galicia figura o cáliz cuberto rematado por unha cruz.

Este escudo figura en varios armoriales europeos como o de Bergshammar, GYMNICH, no universal e até no Arco de Triunfo do emperador Maximiliano I. Durante o Renacemento, século XVI, desaparece o copón substituído por un cáliz cunha hostia encima. Esta nova forma impúxose no século XVI, delibitouse no XVII ante a Barroca custodia e usáronse ambos durante os séculos XVIII e XIX.

En Europa seguiuse usando o copón rodeado de cruces.

Ao escudo de Galicia engadíronselle sete cruces recortadas que foron identificadas con que as sete cidades fosen capitais de provincia, perdendo as cruces o seu significado relixioso.

Desde o século XV, o campo do escudo foi sempre de azur. O copón, cáliz e custodia de ouro. As primeiras cruces foron de ouro e prata.

A Real Academia da Lingua Galega tomou a decisión en 1972 de fixar o escudo que hoxe é considerado como oficial:

En campo de azur, cáliz de ouro, sumado de hostia de prata e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe. Ao timbre, coroa real.

A partir do século XVI, ordenouse que o escudo real ou nacional esculpido en edificios públicos, bordado en panos ou gravado en libros oficiais, levasen en lugar preferente as armas do reino en que se fixeren.

O escudo nacional debe blasonarse en Galicia da seguinte maneira:

Escudo cuarteado, 1º de Castela, 2º de León, 3º de Aragón, 4º de Navarra e entado en punta, o de Granada. Sobre o todo, en escasón, Galicia. Ao timbre, coroa real.

En actos oficiais nos que está presente o rei de España, os reposteros mostrarán o escudo de armas do soberano español e non o escudo nacional.

Hemeroteca