BUSCADOR






22º Ano - 5ª Época - 18/12/2018
A PEGADA DOS MARIÑO EN FISTERRA

Por: José Ramón Insua Trava

Os Mariño proceden da illa de Sálvora, sita na ría de Arousa.

Levantaron outras casa secundarias como a de San Cristóbal de Briallos, que en Mugardos se coñece como Casa del Ratón, a de San Roque, a de Redondela, a de Rianxo, etc. Ocuparémonos dos descendentes dos Trava.

Fillo de D. Fernando de Trava e Dona Sancha González de Lara foi D. Juan Frolaz Mariño que vivía en Noia. Tivo por fillos a PEDRO EANS MARIÑO, Martín e Juan Eáns Mariño, PAIO MARIÑO, Osorio e Gonzalo Eáns Mariño, Dona Sancha e Dona Arina Eáns Mariño.

D. Pedro Eáns Mariño casou dúas veces con señoras galegas non menos nobles. Primeiro con Dona Sancha Vázquez Sarraza, tendo por fillos a Juan Mariño, Pedro Suárez, Lorenzo Rodríguez, Elvira Annez e VASCO PÉREZ MARIÑO, e despois con Dona Teresa Pérez Mourón, sen descendencia.

Foi home rico que gardaba as súas moedas en potas. Xa era maior de idade no ano 1220. O seu pai deixoulle grosa facenda en terras e gando, así como cartos e créditos. Tamén herdou do seu irmán as facendas de Espinaredo, Darela, Queiría, Lantaño, Rabaeda e Baltar.

D. Pedro é tamén un dos trobadores do Cancionero da Vaticana.

FERNANDO IV E NON SANCHO IV, DONA A PAIO MARIÑO e non a Martín Mariño, entre outras propiedades, Fisterra e Duio que Paio vende ao seu irmá Pedro no ano 1300, compra que foi confirmada por Fernando IV en Sevilla a dous de febrerro de mil trescentos dez.

O seu fillo Vasco Pérez Mariño, fisterrán, foi nomeado bispo de Ourense cidade á que, segundo a tradición, lle regalou o SANTO CRISTO DE FISTERRA. Pero os pobos non se deixan arrebatar facilmente as súas imaxes e por esta razón, doou a dita Vila a imaxe do seu actual Cristo.

D. Vasco fixo testamento no 1342 deixando Santa María de Fisterra e San Vicente de Duio aos seus parente clérigos ata o sétimo grado de parentesco, logo pasarían ao Cabildo de Ourense. Desexo que non se cumpriu.

Ano 1380. Renuncia que o CANÓNIGO Vasco Pérez Mariño fai en favor do Cabildo da Catedral de Ourense dos cotos de Fisterra e Duio, á posesión dos cales tiña dereito durante a súa vida.

ORIXINAL INÉDITO

Saiban cantos esta carta vexan como e o Vasco Pérez Mariño, cóengo da Igrexa de Ourense e fillo de Juan Mariño e de Dona Teresa Pelaez, considerando eu, igual que Don Vasco Pérez Mariño (BISPO que foi de Ourense e irmán do meu pai Juan Mariño) o cal Bispo mandou no seu testamento que á morte de D. Pedro Suarez, irmán seu e de n que foi de Ourense, e de D. Lorenzo Rodríguez, de n que foi de Ourense, e tamén á miña morte, pasase ao Cabildo da devandita Igrexa de Ourense o seu lugar e coto de Fisterra e o seu lugar e coto de Duio situados no arcebispado de Santiago.

Considerando eu como vos o De n e homes bos de devandito Cabildo gastastes polo meu e no meu nome moitos maravedís da vosa mesa en pleitear con Paio Mariño e coa súa muller Dona Sancha, a miña irmá, e o seu fillo Rue Soga que me tiñan tomados os devanditos cotos e lugares con outros moitos bens e lugares que recuperei por sentenza definitiva. Considerando que despois da morte do Bispo, os devanditos DEÁNS e logo Paio Mariño nunca pagaron o diñeiro que devandito Sr. Bispo, o meu tio, mandou pagar á súa morte ao Cabildo cada ano para celebrar os seus aniversarios coas rendas de Fisterra e Duio segundo consta no seu testamento.

Eu non teño para pagarvos os atrasos que soben a 30.000 maravedís dos brancos nin teño para pagarvos as costas do preito que o Cabildo tivo polo meu con Paio Mariño que montan 12.000 maravedís de diñeiro branco.

Por isto e tamén por cumprir a vontade do devandito Señor Bispo D. Vasco Pérez Mariño, o meu tio, que mandou que DESPOIS DA miña MORTE OS DEVANDITOS LUGARES E COTOS pasasen ao Cabildo de Ourense.

Eu pola miña propia vontade por esta presente carta OUTORGO E FAGO DONACION PARA SEMPRE AO CABILDO DE OURENSE DOS DEVANDITOS LUGARES E COTOS DE FISTERRA E DUIO segundo tíñaos o devandito Sr. Bispo D. Vasco. E por esta carta vos entrego a posesión dos devanditos lugares e de todos os outros dereitos que me pertencen.


O canónigo de Ourense Vasco Pérez Mariño encargara ao seu cuñado Paio Mariño de Lobeira, home de Doña Sancha Mariño, irmá do canónigo, que lle recadase as rentas de Fisterra e Duio pero D. Paio quedaba con elas. E non debían ser pequenas pois na zona fíxose famosa a frase: Hai que pagar ata a camisa de Dona Sancha.

Paio Mariño de Lobeira e a súa muller Sancha Mariño non só quedaban coas rentas que lle pertenecían ao canónigo Vasco Pérez Mariño senón que segundo un escrito inédito publicado por D. José Barreiro Barral, venderon ao arcebispo de Santiago D. Juan García Manrique todas as súas posesións incluíndo Fisterra e Duio no ano de 1366 reinando en Castela Juan I.

Como esta compra-venta non chegou a ter carácter legal, no ano 1384, realizouse a escritura de cambio da vila de Fisterra e do coto de Duio, propiedades da Igrexa de Ourense por doación do canónigo Vasco Pérez Mariño, por certas propiedades que tiña a Igrexa de Santiago na Diócese de Ourense, esquecendo os fisterráns a camisa de Dona Sancha. Os Mariños entroncaron coos Aballe, Torrado, Ouviña, Aldao, Figueroa, Pimentel e Lobeira y Saavedra.

Os Mariño de Lobeira tiveron casa en Pontevedra, en Santa María de Outes, na vila de Negreira, etc. Marquesado de Mariño: Foi concedido por Felipe V, por R.D. de 17 de decembro de 1705 a Antonio Mariño de Lobeira y Andrade, Lemos y Sotomaior, teniente xeneral dos Reales Ejércitos, mestre de Campo dun tercio de Infantería en Flandes e Cabaleiro da Orde de Santiago.

Hemeroteca