BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
LOS TRAVA

Por: José Ramón Insua Trava

Di a Biblia que a fidelidade de Deus perdura xeración tras xeración e engade que o xusto pola súa fidelidade seguirá vivindo.

Sen lugar a dúbidas, esta virtude foi o lema que rexiu a vida D. Pedro Froilaz, Conde de Trava, Galicia, Trastámara, Monterroso, Caamouco e Ferreira.

Ayo del infante D. Alfonso (Hijo de Raimundo de Borgoña y Urraca de Castilla), D.Pedro juró al abuelo de este, Alfonso VI, fidelidad absoluta a dicho Infante por disponer Alfonso VI que si su hija y sucesora Doña Urraca contraía nuevo matrimonio, el Reino de Galicia pasase a su nieto Alfonso.

Aio do infante D. Alfonso (Fillo de Raimundo de Borgoña e Urraca de Castela), D. Pedro xurou ao avó deste, Alfonso VI, fidelidade absoluta ao devandito Infante por dispoñer Alfonso VI que se a súa filla e sucesora Dona Urraca contraía novo matrimonio, o Reino de Galicia pasase ao seu neto Alfonso.
D. Pedro posuía todo o territorio que se estendía dende a marxe dereita do Río Tambre ata o mar. A Costa da Morte formaba parte dos seus amplos dominios. Por tal razón, a súa neta Urraca Fernández de Trava doou diñeiro para a construción da Igrexa de Santa María de Fisterra no ano 1199.

Doña Urraca Raíña de León e Castela á morte do seu pai Alfonso VI) volveu casar con Alfonso I de Aragón en setembro do ano 1109. Por tal causa, chegoulle a D. Pedro a hora de cumprir o xuramento feito a Alfonso VI e proclamou Rei de Galicia ao infante D. Alfonso a finais do 1109. Ante este feito, o Rei de Aragón invadiu Galicia enchéndoa de sangue e lume. D. Pedro expulsouno en abril do 1110.

Previamente, ocultara ao Príncipe D. Alfonso no Mosteiro de Moraime.
Para maior seguridade do seu protexido, o Conde D. Pedro buscou a axuda de D. Enrique de Portugal, tío do príncipe, co cal se entrevistou persoalmente deixando na fortaleza de Castro de Miño á súa muller, aos seus fillos Bermúdez e Fernando, ao Príncipe e a varios magnates galegos. Arias Pérez puxo cerco ao devandito castelo e conseguiu apoderarse do Príncipe mediante unha trampa. Don Pedro e o arcebispo Diego Gelmirez negociaron con Arias Pérez e o Príncipe élle entregado a D. Pedro en Puentecesures.

O 17 de setembro do 1111, Alfonso foi coroado Rei de Galicia na Catedral de Santiago de Compostela por Diego Gelmirez.

Logo da batalla de Viandangos, o Conde D. Pedro comprendeu que tiña que tomar unha resolución definitiva para resolver o problema causado por Dona Urraca e o seu marido. Empezou por buscar a protección do Ceo doando Corcubión, Lires, Morquintián, Santa Maráa de Rus, etc ao Apóstolo Santiago e á súa Igrexa.

Logo de asinar un importante pacto con Diego Gelmirez, o Príncipe e o trasladáronse a Toledo onde non tardaron en destacar polas súas vitorias sobre os almorábides causando o temor de Dona Urraca a perder o seu trono.

Polo Tratado do Tambre, a Raíña recoñeceu o seu fillo como Rei de Galicia e Toledo. D. Pedro faleceu no ano 1128 sendo símbolo da lealdade e honradez.

Segundo o Espasa, o seu último descendente directo vive en Lugo.

Hemeroteca