BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 22/11/2019
¿CENTOLO OU CENTULO?

Por: José Ramón Insua Trava

A verdade é que a insistencia no uso da palabra centolo, xa cansa ao carecer de significado tanto na lingua galega coma na castelá.

Tan só a puiden atopar no Diccionaro de X.L. Franco Grande, 8º Edición de 1983 co significado, en galego, de parvo, bobo, e non creo que o illote situado fronte ao Cabo Fisterra, mereza este cualificativo.

En galego, a palabra centola designa ao macho e á femia deste crustáceo.
En gallego, la palabra centola designa al macho y a la hembra de este crustáceo.

Tampoco existe rodaballa. En castelán, dispoñemos de centola para o macho e centolla para a femia.

Debemos descartar definitivamente que o nome do citado islote estea relacionado con tan rico crustáceo.

En el Diccionario Galego-Castelán de José Ibáñez Fernández, Madrid,1950, achamos: Centulo. s. m. Personaxe que representaba ao demo na procesión do Corpus. Para X.L. Franco Grande temos que a mesma palabra é unha especie de máscara que en certas partes de Galicia figuraba na procesión do Corpus e noutras representaba o demo. No Dicionario dos seres míticos galegos de Miranda, Cuba e Reigosa, centulo é unha máscara que representa o demo relacionada co dito: Día de San Bertomeu anda ou demo unha hora solto.

A relación demo-centulo é clara.
No devandito illote naufragaron o Captain, un Vapor Español, o Bitten, o Blas de Lezo, o Lionne, o Roseull, etc.

Así as cousas, é de sentido común que os patróns fisterráns como o Sr.Ramos, pai de Oliveros, O Xanuario Vello, Sr. Ramón da Barbeira, O Gallego de San Martiño, Sr. Juan do Canario, O Amarillo e todos os mariñeiros daquela época, chamábanlle Centulo ao referido illote, pois é un verdadeiro demo para a navegación.

E se o Centulo é a demoníaca porta de entrada á Ría de Fisterra, Centulo chámase a rúa onde estaba a porta de entrada á Vila aínda que agora figure como Centolo, que non significa nada e carece de sentido común, do que os nosos antepasados posuían gran cantidade.

Malia todo, non deixa de haber "Centolos" que por falso amor propio, seguirán escribindo CENTOLO.

Hemeroteca