BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 20/09/2019
O TOPÓNIMO COSTA DA MORTE. Por: José Ramón Insua Trava

Por: José Ramón Insua Trava.

Sobre a orixe deste topónimo temos as versións de Carré Aldao, X. Enrique Rivadulla Porta, García de la Riega e a do profesor José Baña Heim da que salienta a parte na que afirma que gran parte dos naufraxios produxéronse durante o día. Engade que por moi potentes que foran os farois que se posuían nos cornos das vacas ou as luces das fogueiras que ,según a Lenda Negra se facían nos cumios dos montes, dificilmente se podían confundir coas dos barcos ou faros. -Que razón ten Baña!.

Nas súas orixes, a navegación era so diurna. Cando tamén se fixo nocturna, os mariñeiros axiña se deron conta da necesidade de poñer luces nos barcos para evitar choques. Cada nación tiña o seu sistema de iluminación dos seus barcos pero esta solución non era axeitada. Asi, no século XIX, fíxose en Londres unha Reunión Internacional para acordar o número de luces e os sitios onde debían estar colocadas nas embarcacións que navegasen de noite.

Téñase en conta que dos 201 naufraxios que recolle Baña no seu libro, 41 produxeronse no século XIX e 120 no XX, cando a devandita normativa xa estaba vixente. Endexamais se pode andar polo mar de calqueira maneira, é moi perigoso.

Ademais no Arco de Fisterra, Costa da Morte, xa existían no século XIX os faros da Torre de Hércules, Illas Sisargas, Vilán, Touriñán, Fisterra, Lobeira Grande e Cabo de Cee. O Carrumeiro Pequeno fíxose no ano 1.917. Vemos pois que o Arco de Fisterra contaba con un número respectable de Siñais Marítimas cando se produciron a maior parte dos naufraxios que deron orixen a Lenda Negra da Costa da Morte.

Inda hai outra razón que amosa a falsedade desta lenda: Cando hai mal tempo, os barcos arrédanse dos cons do litoral e navegan lonxe da perigosa costa. Un veleiro que navegue en perfectas condicións con temporal, non ten nin unha soa razón para acercarse a costa e si moitas para alongarse da mesma.

Se xurde abordo unha avería grave que lle impida seguer navegando, entonces tentará achar o sitio máis seguro, se pode gobernar o barco, ou si existe, cousa pouco doada no Arco de Fisterra. O barco asi ferido, naufraga.

O topónimo Costa da Morte e a súa Lenda Negra, naceron na cidade de A Coruña.

Relata Enrique Chao Espina que preto da Torre de Hércules, vivía unha viuva de un fidalgo militar co seo fillo. Este mozo namorouse da filla de outro fidalgo militar, amigo de seo pai, que vivía en Santa Cruz.

Un mal día, a nai do rapaz foi a pedirlle a man da rapaza o amigo do seo home que lle dixo que sí sempre e cando ela tivese máis cartos dos que tiña. Voltou a muller a súa casa a que rodeou de troncos con faroles que mandaba acender cando había temporal pois o Faro da Torre de Hércules xa non funcionaba.

De esta maneira, os naufraxios foron abondosos e a viuva fíxose rica. Tal zona non tardou en ser coñecida como Costa da Morte. O fin desta lenda obviámolo por ser moi coñecida a peza de teatro que a trata.

Cando se produxeron os naufraxios no Arco Fisterrán, esta lenda foi lembrada e cambiado o seo sitio de nacemento.

Vemos pois que a actual Lenda Negra da actual Costa da Morte nin siquera é orixinal e si é unha mala copia.  

Hemeroteca