BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
ARA Á DEUSA CIBELES. Por José Ramón Insua Trava.

Por: José Ramón Insua Trava

Sardiñeiro é un pobo do Concello de Fisterra do que se ocuparon pouco os escritores e arqueólogos. Recentemente, foron descubertos nel dous dolmens intactos. Unha análise máis detida segura que poñería ao descuberto máis dun castro. Nas proximidades do ano 1960, atopouse en Sardiñeiro unha ara romana dedicada á Deusa Cibeles. Ara votiva de granito, con base e cornixa só por diante e aos lados. Arriba, focus circular entre os dous semicilindros dos cales só se conserva en da parte esquerda. Por atrás sen labrar para pegala a unha parede. As súas dimensións son 50 x 29 x 19 e campo epigráfico é o seguinte:

Mƒtri De-
-m s
ˆt Vƒt e
voto

É a segunda dedicatoria que se conserva en Galicia á Deusa Cibeles considerada nai dos deuses.

Sorprendentemente un feito tan importante, silenciouse.

Para ampliar coñecementos sobre o culto a Cibeles en Galicia, convén ler Galice Romaine de Tranoy.

Pero Sardiñeiro tamén ten a Ermida de San Xoán do Monte, o Casal da Moura, Adulación de Trigo, etc.

Hemeroteca