BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 24/11/2017
AS ESCOLAS DO FERRADO

Por: José Ramón Insua Trava

Cando se estableceu a Rede de Ensino Público en España, as escolas puxéronse nas cidades e Vilas capitais de concello .

Así, as aldeas quedaban sen escolas para os seus fillos. Os aldeáns afrontaron isto con quietude e cálculo creando unhas escolas que non privasen de traballar ós nenos se facían falta e ó mesmo tempo poder apren- der a ler e escribir .

Para mestre servía calqueara fillo de nai que non servise para outra cousa por razóns físicas e cada pai pagáballe un ferrado de millo .

O edificio era a corte das ovellas, a mesa de escribir un carro vello do país arredor do que se sentaban os rapaces .

Así empezou a cultura nas aldeas galegas no século XIX. Así engordaron os de un só ollo a conta dista tristura .

Hemeroteca