BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 24/11/2017
FISTERRA 1753 - VECIÑOS DE FISTERRA EN 1754. O Catastro do Marqués ...

Habitantes

Ballón Mateo:
Casado e mariñeiro de 62 anos. Viven con el 2 fillos e unha filla solteiros. O maior chámase José, ten 18 anos e é mariñeiro. A Mateo regulóuse de utilidade ao ano 450 R.V. Ao seu fillo José outros 450 R.V.

Ballón El Viejo, Pedro:
Casado, 69 anos. Ten de criada a María Suárez, solteira e de San Vicente de Duio.

Ballón El Mozo, Pedro:
Casado. Mariñeiro de 50 anos. Estimouse o seu ganancial anual en 450 R.V. Polo barco que ten para pescar, 450 R.V.

Bardullas de, Dominga:
Viúva de 66 anos. Viven con ela as súas fillas María e Dominga, maiores de idade.

Blanco, Antonio:
Casado e labrador. De 54 anos. Os seus fillos Domingo Antonio, labrador, Mateo e José, mariñeiros, e a Juana. Están solteiros e son maiores de idade de edad y viven con el. A Antonio Blanco e ao seu fillo Domingo Antonio, como labradores que se benefician das súas propias terras, regúlaselles ou calcula a cada un deles unha utilidade ou ganancia de 249 R.V. (Reais de Vellón), por 120 días de traballo ao ano. A Mateo e a José, como pescadores, regulóuselles a utilidade ao ano, a cada un, 450 R.V.

Blanco, Mateo:
Casado e mariñeiro de 36 anos. Ten en compañía, viven con el, 4 fillos moi menores e a Dominga Caamaño, a sáu nai, viúva de 68 anos. Ten un barco de carga para fletar que lle proporciona unhas ganancias anuais de 850 R.V.

Blanco, Pedro:
Casado. Mariñeiro de 40 anos. Ten dúas fillas e un fillo menores. Pola cantidade de aparello de pesca que ten, regulóuse 550 R.V. ao ano e polo barco que ten para as faenas de pesca, 100 R.V. ao ano. Ten tambén parte no trincado do Cerco da Sardiña pola que se lle reguló 120 R.V. ao ano.

Caamaño, Isabel:
Solteira de 62 anos. Ten na súa compañía á súa irmá solteira de 56 anos, Josefa Caamaño e a Antonio González, casado e mariñeiro de 30 anos que ten un fillo menor e ao que se lle calcularon ao ano unhas ganancias de 450 R.V.

Caamaño, Lorenzo:
Casado y mariñeiro de 48 anos. Ten tres fillos e tres fillas, dos cales sólo Manuel é maior de idade e mariñeiro. Regulóuselle a utilidade, ganancias anuais, 450 R.V. e outros tantos ao seu fillo. Por un barco que ten, 100 R.V.e por dous quiñóns no trincado do Cerco da Sardiña, 240 R.V.

Caamaño, Manuela:
Viúva de 50 anos. Vive na súa casa Agustín Rivero, o seu xenro, mariñeiro de 54 anos. A Agustín regulóuselle de utilidade ao ano 450 R.V.

Canosa, María:
Viúva de 54 anos. Ten na súa compañía a Miguel de Santos, o seu xenro, mariñeiro de 40 anos que ten un fillo menor. A Miguel regulóuselle 450 R.V.

Carrera, Dona María:
Viúva de 74 anos. Ten na súa casa a DON RAMÓN DÍAZ PORRUA, SU HIJO PRESBÍTERO.

Couseiro, Roque:
Casado e mariñeiro de 54 anos. Ten na súa compañía a Vicente y María que son os seus fillos maiores de idade. Vicente é mariñeiro. Ten ademais dúas fillas moi menores. Regulóuselle 450 R.V. e ao seu fillo Vicente, outros 540 R.V.

Díaz, Alberta:
Viúva e cega, 80 anos, pobre. Ten na súa compañía a Tomasa Díaz, a súa filla solteira de 46 anos.

Díaz, Andrés:
Casado de 57 anos. Ten un fillo e unha filla moi menores. É MINISTRO E ALCALDE DE CÁRCERE, oficio polo cal se lle regulou 50 R.V. ao ano.

Domínguez, Diego:
Casado e mariñeiro de 70 anos. Ten na súa compañía ao seu fillo Fernando Domínguez, casado e mariñeiro de 36 anos que ten unha filla moi pequena. Por su oficio de pescador, regulóuselle 450 R.V. por un barco 130 R.V. Ao seu fillo Fernando polo seu oficio e un barco de fletar carga, 800 R.V.

Domínguez, Fernando:
Labrador e casado de 44 anos. Regulóuselle 240 R.V. por 120 días de traballo ao año.

Díaz Valvieso, Juana:
Viúva de 48 anos. Ten na súa compañía a Antonio González, o seu fillo maior de idade. Soltero, tratante de peixe e mariñeiro de 26 anos. Tamén vive con ela o seu xenro José Marcote, mariñeiro. A Antonio regulóuselle 150 R.V. e a José, 450 R.V.

Díaz, Manuela:
Viúva de 54 anos. Ten a Mateo de Trava, o seu, maior de idade, solteiro y mariñeiro ao que se lle regulou 450 R.V.


Domínguez, Marcos:
Casado e mariñeiro de 38 anos. Ten dúas fillas e un fillo, menores. Regulóuselle 550 R.V. por por botar máis aparello que os seus compañeiros. Polo barco que ten, 100 R.V.

Díaz Valvidieso, María:
Viúva de 74 anos. Ten na súa compaña a Antonio Cuceiro, o seu xenro de 34 anos e tratante de peixe ao que se lle regularon de utilidade ao ano 350 R.V.

Díaz Porrúa, Mateo:
Tratante de ovellas de 50 anos e solteiro. Regulóuselle 200 R.V.

Domínguez, Pedro:
Casado e mariñeiro de 28 anos. Ten tres fillos e dúas fillas todos menores. Regulóuselle 450 R.V.

DIAZ PORRUA, DON PEDRO:
ALCALDE DA VILA. Casado de 32 anos. Ten un fillo e unha filla menores.

Castro de Ambrosio:
Labrador e MERCADER DE VIñOO de 41 anos. Casado. Ten dúas fillas e un fillo menores. Como labrador considerouse que gaña 240 R.V. por 120 días de traballo ao ano. Como mercader de viño que abastece Fisterra regulóuselle 1500 R.V. por un quiñón que ten no trincado que serve para o Cerco da Sardiña e que se emprega de setembro ata fins de novembro, estimóuselle 100 R.V.

Canosa, Dominga:
Viúva de 36 anos. Ten un fillo moi menor.

Castro, Domingo:
Labrador e viúvo de 70 anos. Vive con el, o seu fillo GUILLERMO de Castro, casado, maior de idade con un fillo menor. A Guillermo, como labrador, regulóuselle de utilidade 240 R.V. por 120 días de traballo ao ano.

Castro, Elvira:
Viúva de 66 anos. Vive na súa compaña Fausto Fernández, o seu xenro, mariñeiro de 38 anos con un fillo e tres fillas moi menores. Regulóuselle de utilidade ao ano, 450 Reais de Vellón.

Castro, Gregorio:
Labrador e casado, 41 anos de idade. Ten 4 fillos e unha filla, todos menores. Calculáronse as súas ganancias por 120 días de traballo ao ano en 240 R.V.

Cernadas, Ignacio:
Casado e mariñeiro de 38 anos. Vive na súa casa a súa cuñada María Antonia de Santos, solteira de 48 anos. Regulóuselle 450 R.V.

Castro, José:
Casado. Tratante EN OVELLAS. 34 anos. Ten dous fillos moi menores e na súa compaña a Juana Díaz, a súa nai, viúva de 64 anos. Regulóuselle 200 R.V.

Castro Guerra, José:
Casado y mariñeiro de 45 anos. Ten un fillo e unha filla moi menores. Por pescador regulóuselle 450 R.V. e polo barco que ten para pescar 130 R.V.

Castro, José:
Labrador. Casado de 33 anos. Ten dúas fillas e un fillo moi menores. Como labrador regulóuselle 240 R.V. por 120 días de traballo a razón de dous R.V. por día.

Fernández, Antonio:
Casado e mariñeiro.60 anos de idade. Viven na súa compaña dous fillos e unha filla menores. Regulóuselle por pescador, 450 R.V.

Fernández, Catalina:
Viúva e pobre de 64 anos. Ten na súa compaña a Rosalía Fernández, a súa filla solteira e maior de idade.


Casado e tratante de peixe de 54 anos. Regulóuselle 400 R.V.

Fernández, Isabel:
Viúva de 58 anos. Ten dous fillos menores e outro maior mariñeiro ao que se lle regula de ganancia ao ano 450 R.V.

Fernández Malajo, José:
Casado e mariñeiro de 50 anos. Ten tres fillos menores. Regulóuselle 450 R.V.

Fernández, Juan:
Casado e mariñeiro de 40 anos. Ten tres fillas menores e na súa compaña a María Afonso de Castro, a súa sogra viúva de de 60 anos. Regulóuselle 450 R.V.

Fernández, Leocadia:
Viúva de 70 anos. Vive na súa compaña Josefa e Rosa Fernández, as súas fillas solteiras e maiores de idade.

Fernández Liñeiro, Manuel:
Casado e mariñeiro de 66 anos. Ten na súa compaña a Antonio Fernández, o seu xenro, mariñeiro de 32 anos e este ten dous fillos menores. A cada un deles regulóuselle 450 R.V.

Fernández, Manuel:
Casado e mariñeiro de 60 anos. Ten un fillo mariñeiro chamado Roque e unha filla Josefa. Os dous solteiros e maiores idade. Por pescador, 450 R.V. O mesmo ao seu fillo Roque. Pola metade dun barco, 50 R.V. e por una parte do trincado do cerco, 120 R.V.
Fernández, Miguel:
Casado e CARDAROR de 63 anos. Vive en su compaña José González, o seu xenro, de 32 anos, mariñeiro. Por Cardador regulóuselle 100 R.V. e a José 450 R.V.

Fernández, Pedro:
Casado e mariñeiro de 58 anos. Ten unha filla menor. Regulóuselle 450 R.V.

Fernández, Patricio:
Casado e mariñeiro de 30 anos. Por pescador, regulóuselle 450 R.V. Pola metade dun barco para a pesca 50 R.V.

Fernández, Ramón:
Casado e mariñeiro de 34 anos. Ten dous fillos menores. Regulóuselle 450 R.V.

Fernández, Silvestre:
Casado e mariñeiro de 70 anos. Regulóuselle 450 R.V.

Fernández, Tomás:
Casado e mariñeiro de 24 anos. Ten unha filla moi menor. Regulóuselle 450 R.V.

González, Antonio:
Casado e mariñeiro, 59 anos. Ten na súa compaña a Josefa de Noia, a súa filla menos de 18 anos. Regulóuselle de utilidade ao ano polo seu oficio de pescador 450 R.V.

González, Bartolomé:
Casado. MERCADER, xastre, sacristán de 37 anos. Ten unha filla e un fillo menores. Como mercader trata en panos e baeetas. Utilidade: 150 R.V. Por xastre, 360 R.V. Por sacristán, 60 R.V.

González, Domingo:
Casado e mariñeiro de 78 anos. Regulóuselle 450 R.V.

González, Domingo Antonio:
Casado e mariñeiro de 40 anos. Ten unha filla e un fillo moi menores. Regulóuselle 450 R.V. por pescador.

González, Manuel:
Casado e mariñeiro de 36 anos. Tiene tres fillas e dous fillos todos menores. Regulóuselle 450 R.V.

Insua, Gregorio:
Labrador e casado de 50 anos. Ten na súa compaña tres fillos menores. O maior ten 10 anos. Regulóuselle de utilidade 240 R.V. por 120 días de traballo a razón de 2 R.V. por día de traballo.

López, Andrés:
Viúvo e mariñeiro, 60 anos. Ten na súa compaña a Juan de Castro, ao seu xenro, de 37 anos e este ten tres fillos e unha filla todos moi menores. A Andrés regulóuselle 450 R.V. Ao seu xenro, como labrador, 240 R.V.

López, Antonio:
Casado e labrador de 36 anos. Ten unha filla menor. Regulóuselle 240 R.V.

Lires, Antonio:
Labrador e casado de 40 anos. Ten un fillo e unha filla menores. Regulóuselle 240 R.V. por 120 días de traballo a razón de 2 R.V. por día.

Lobelos, Antonia:
Pobre e viúva de 50 anos. Ten na súa compaña á su filla solteira e maior.

López, Nicolás:
Zapateiro casado de 31 anos. Ten 3 fillos menores. Regulóuselle 3 R.V. e 8 Mrs. de vellón durante seis meses de traballo ao ano.

Lema, Pedro:
Casado. Mariñeiro de 34 anos. Ten 3 fillos menores. Regulóuselle 450 R.V.

López, Pedro:
Casado e mariñeiro de 33 anos. Ten unha filla menor. Regulóuselle 450 R.V.

López, Santiago:
Casado e mariñeiro de 68 anos. Regulóuselle 450 R.V.

Lastre, Tomás:
Casado e mariñeiro de 52 anos. Regulóuselle 450 R.V.

Marcote Trava, A:
Casado e mariñeiro de 57 anos. Regulóuselle 450 R.V.

Marcote, Pedro:
Casado e mariñeiro de 60 anos. Regulóuselle 450 R.V.

Oliveira, Manuel:
Casado e mariñeiro de 44 anos. Ten tres fillos. Regulóuselle 450 R.V.

Pascua Díaz, Ana:
Viúva de 60 anos. Ten na súa compaña a Gregoria Fernández, ao seu xenro, mariñeiro ao que se lle regulou 450 R.V.

Pazos, María:
Viúva de 54 anos. Vive con seu fillo, mariñeiro, solteiro e maior de idade ao que se lle regulou 450 R.V.

Rivas, Antonio:
Casado e mariñeiro de 47 anos. Ten tres fillos menores. Regulóuselle 450 R.V.

Riveiro, Antonio:
Casado e mariñeiro de 66 anos. Polo seu oficio de pescador, regulóuselle 450 R.V.

Riveiro, María:
Solteira e pobre. Ten 64 anos.

Santamaría, Antonia:
Viúva de 62 anos. Vive con Dominga a súa filla, solteira e maior de idade.

Senlle, Domingo:
Casado, 64 anos. Ten catro fillos menores. É TRATANTE DE ENCAIXES e regúlaselle 100 R.V.

Silva, Domingo:
Casado e mariñeiro de 60 anos.

Santos Riveiro, Domingo:
Casado e mariñeiro de 34 anos. Ten tres fillas menores e ao seu irmá imposibilitado para o traballo. Regulóuselle 550 R.V. por botar a pescar máis aparellos que os seus compañeiros.
Santamaría, Gaspar:
Labrador e casado de 38 anos. Ten 2 fillas e un fillo menores. Regulóuselle 240 R.V. por 120 días de traballo ao ano.

Suárez, Juana:
Viúva de 37 anos. Ten catro fillos moi menores.

Santamaría, Marcos:
Labrador e casado de 40 anos. Ten 4 fillos. Regulóuselle 240 R.V.

Santamaría, Rosa:
Viúva de 54 anos.

Trava, Cristoval:
Estanqueiro de tabaco e mercader de 70 anos. Ten dous fillos menores. Como estanqueiro regúlase 402 R.V. 2 Mrs., pola venda de 144 libras de tabaco. Como tratante de minucias de tenda e peixe, 250 R.V.

Trava, Fernando:
Casado e mariñeiro, 58 anos e cuatro fillos menores de idade. Regulóuselle 450 R.V.

Trava, Gregorio:
Casado, xastre, e taberneiro de 48 anos. Tiene 3 fillos menores. Por xastre, regulóuse 240 R.V. por 120 días de traballo ao ano. Como taberneiro, 100 R.V.

Villar, Andrés:
Casado e tratante de pescado de 68 anos. Ten 4 fillas menores. Regulóuselle 200 R.V. ao ano.

Valdomar, Francisco:
Labrador, viúvo de 68 anos.

Vermúdez, José:
Viúvo de 64 anos. Ten 4 fillos menores. Polo barco que ten regulóuselle 100 R.V. e pola parte que ten no Cerco da Sardiña, 120 R.V.

Vermúdez, Manuela:
Viúva de 60 anos. Ten ás súas fillas Ventura e María solteiras e maiores de idade.

Valdomar, Pedro (Alias Recamán):
Viúvo de 72 anos.

Na Vila de Fisterra a 28 de xuño de 1761

Hemeroteca