BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 21/11/2017
CASTRO “A CIDÁ” DE BORNEIRO

VISITAS GUIADAS

CASTRO “A CIDÁ” DE BORNEIRO

Meses de Xullo e Agosto, de martes a domingo:

Mañás: de 12.00 a 14.00 horas
Tardes: de 16.00 a 18.00 horas

HISTORIA

Este poboado da Idade de Ferro presenta excavadas as tres cuartas partes do seu recinto principal e un total de 36 construccións extendidas por toda a ladeira do monte.

Está rodeado por un foso e dous muros defensivos en todo o seu perímetro, excepto no lado leste onde só hai un ó actuar a pendente do terreo como defensa natural.

As construccións son todas de tipo doméstico predominando a planta redondeada, salvo as existentes nun barrio exterior ou Barrio de Extramuros cunha posible función industrial para fundición de metais.

Ademais, é un dos poucos castros de Galicia que conta cun guía que vai explicando ó visitante os seus pormenores: arquitectura e urbanismo, economía, sociedade, materiais...

Ligazóns

Hemeroteca