BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 21/11/2017
RUTAS FINISTERRAE

Camiño de Santiago a Fisterra

Camiño de Santiago a Fisterra

A diferenza das demais rutas xacobeas, esta non ten como destino a capital compostelá, senón que é precisamente a súa orixe.

O Camiño de Santiago a Fisterra, pasando por Muxía, é unha especie de epílogo dividido en catro etapas que os peregrinos se aventuran a emprender despois de visitar ao Apóstolo co ánimo de ver por eles mesmos o "fin da terra" e o seu contorno, lugares cheos de cultos ancestrais e máxicos que perduran ata os nosos días.


Costa da Morte: Un territorio de contrastes

Costa da Morte: Un territorio de contrastes

A Costa da Morte é o topónimo co que se coñece ao territorio do noroeste de Galiza pola súa parte máis occidental. O territorio queda definido por dezasete concellos de norte a sur: A Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Zas, Vimianzo, Camariñas, Muxía, Cee, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Mazaricos e Carnota.

Físicamente é un territorio de contrastes que descansa sobre un amplo macizo granítico que combina zonas baixas e planas, sobre todo no interior, con outras escarpadas
na costa. A Costa da Morte está declarada Lugar de Interese Comunitario (LIC) pola importancia dos ecosistemas marítimos e a biodiversidade da flora e a fauna existente. Este é un paraíso para os amantes dos ecosistemas e da ecoloxía. Comezaremos este percorrido polo seu extremo máis septentrional situado na vila mariñeira de Caión (A Laracha) continuando cara o mítico cabo Fisterra e de alí ata Carnota.

Ruta dos Faros: A inmensidade do mar contemplada dende os faros

Ruta dos Faros:

Moitas son as lendas en torno aos faros á ubicación destes. Posiblemente teñen a súa orixe nos fachos que desde fai moito alumeaban os cumios dos montes próximos ao mar cunha dobre función: axuda na navegación polos escarpados e perigosos cantís e como sinal de aviso da chegada de embarcacións estranxeiras.

Descargas

Hemeroteca