BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 22/11/2017
MONTES DO PINDO

Olimpo celta galego

Monte Pindo

A xeomorfoloxía do Monte Pindo, inzada de relevos en bolos de granito simulando esculturas e xigantes míticos, marcou a tradición que sitúa neste lugar o monte sagrado dos celtas galegos. Existen encol do Pindo abondancia de lendas sobre tesouros, serpes de sete cabezas, fadas espidas e encantadas, sacrificios... e ata tempo recente practicábanse aló ritos de culto ás rochas antropomórficas e á fertilidade.

O lendario e outo Pindo ten o seu complemento mariño nas dunas de Carnota e na fervenza de Ezaro, único lugar en Europa onde un río cae en férveda de 100 m. de desnivel sobre as augas do océano. Espectáculo agora raramente observable por mor do encoramento das augas do Xallas en Dumbría, dise que tras da fervenza existe unha porta máxica gardada por bruxas que levará baixo do río ao mozo que se atreva a pasar, podendo daquela casar cunha bela princesa encantada e posuir unha gran fortuna.

Unha grande xoia botánica

Falcon

Encontrada unicamente no Monte Pindo, é o Carballo anano (Quercus lusitanica) : Endemismo ibero-occidental norafricano en perigo de extinción, ausente de todo o territorio galego, atópanse no Pindo varios exemplares desta especie de alto valor ecolóxico, que coexiste con outros carballos como os Quercus robur e Quercus pyrenaica, con piñeiros coma o Pinus Pinaster, Pinus radiata e Pinus sylvestris, e máis con Loureiros (Laurus nobilis), Acibros (Ilex aquifolium) e o endemismo do norte peninsular da Fritillaria pyrenaica.

Ligazóns

Hemeroteca