BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 17/09/2019
NÓS - MIRO VILLAR

T’estimo: soc la pluja que ama l’enderroc.  
Maria-Mercé Marçal
   

Para Rosa
 

Coma un hendecasílabo dos que escribiu OLAVO 
BILAC, de ritmo grácil e de amorosa man, 
no teu recordo xorden os versos de sedán. 
Ámote: son o acorde que se eleva do cravo. 

Coma a luz de cor branca que esperta dende o cabo 
desde os faros fisterra, vilán ou touriñán, 
no teu leito alborecen os ollos de mañán. 
Ámote: son a xerfa que encanece o mar bravo. 

Coma a hedra perenne que sobe o muro antigo, 
no teu corpo enraízan o polgar e o maimiño. 
Ámote: son o lazo que abraza o envurullo. 

Coma o líquido fértil que molla o gran de trigo, 
no teu rostro descenden o bico e o aloumiño. 
Ámote: son a chuvia que embebe o cascabullo. 

Hemeroteca