BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 20/11/2017
AREAL DE CARNOTA

Fermosa e kilométrica praia de Carnota

Carnota

As longas praias das terras de Carnota son o agoiro da proximidade xeográfica das Rías Baixas, aínda que o mar destas costas garda idéntica perigosidade que toda a Costa da Morte, como así o amosa o elevado número de naufraxios acontecido principalmente nos baixos das Illas Lobeiras e Carromoeiro.

A paisaxe da liña costeira desde O Pindo ata Muros é única: outos montes de maxestuosa altitude descenden constantemente cara o Atlántico, creando unha breve e estreita plataforma denantes de morrer en forma alterna de areal ou rochedo.

O espacio natural de Carnota abrangue a longa praia de 5 qm. de longo e 1 qm. de largo, paralela á cal discorre un cordón dunar que contén polo norte unha rica marisma e lagoa interior. Ademáis da belida paraxe destas terras, e da armoniosidade do seu poboamento, atópanse nas proximidades varios centros de interese turístico como son o hórreo de Carnota e a vila de Muros.

Os ceos de Carnota son vixiados polo Monte Pindo e por algunhas das aves que aló habitan, como o Melro azul (Monticola solitarius), o Falcón peregriño (Falco peregrinus), ou o Corvo carnazal (Corvus corax). De todos xeitos, este ecosistema goza de renome por ser hábitat de varias especies de aves acuáticas e limícolas, e como lugar escollido para invernía e cría de certas aves migratorias, nas que destaca a Píldora das dunas (Charadrius alexandrinus).

Ligazóns

Hemeroteca