BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 17/09/2019
NÓS - TOMÁS LIJÓ

DO ABANDONO DA CAMA DE FAKIR 

E chegaron 
cun exército de paraugas rotos 
baixo o lene son da gravidade 
e empurrando dunha cama de fakir 
e con espellos, 
rúa adiante. 

E toparon cos outros 
que chegaban cun exército de paraugas rotos 
e con espellos, 
e cunha cama de fakir, 
cara ó mesmo punto 

e alzaron os ollos pra mirárense ós espellos   

e nacemos 

E nacemos 
cunha cama de fakir enferruxada 
e en estado de extinción, 
e confundidos polo vidro 
camiñamos co testigo dos paraugas rotos 
baixo o lene son da gravidade, 
e deixando atrás a vella cama de fakir 
e medrándonos cravos nas costas. 

E descubrimos, 
que este non é o sitio 
onde ós porcos e ás tenreiras lles medran 
costeletas limpas no cabelo. 

Hemeroteca