SÍNTOME MORRER
Porque vivo,
creo na vida.
Mais,
polo teu amor, serei a morte.
A quen me separe un intre de ti,
esmagareille os collóns
ata que lle estoupen entre os meus dedos.
A quen invada o noso mundo,
trabareille na súa barriga,
e con gula
comerei os seus intestinos.
A quen se interpoña entre nós,
da súa xugular,
beberei grolos de sangue quente
ata sacia-lo meu odio.
Déixame beber do teu coño,
deixa que a miña lingua aloumiñe os teus beizos
máis quentes,
porque me arrastro nunha alfombra
de ollos de miles de cores,
que rebentan co meu peso.
Porque dende a túa marcha
a miña polla non se ergue,
a miña vida é unha merda
e síntome morrer por ti.