BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
NÓS - XOSÉ MARÍA CASAIS

Sorrindo, 
con aquel aberto sorriso 
que lle enchía a franca faciana 
como o sol enche a mañá. 

Chorando, 
con aqueles ollos grandes 
que lle enchían o mar de bágoas 
como a choiva enche a mañá. 

Amando, derramando 
o seu doce sabor a mar, 
o seu mollado corpo 
de suor e bágoas, 
o sexo das súas mans. 

Mirando, 
con aquel mirar 
soñador, cautivador (ás veces) 
do seu fin, 
do horizonte infinito 
neste mar de letras. 

Hemeroteca