Unha memoria noxenta e glaciar
cinguía a terra de friaxe
andaban as mapoulas
esquecidas nos niolos
e o mar era entón
unha xanela de bicos ancestrais
baixando pola pel.
As campás, inmóbeis
rachaban o silenzo o tempo morto
cecais a sombra espetada no teu corpo
rolaba infinda polos cadris do sono
e os lobos na súa cova evanescente
facíanlle festas ao sol, bébedos de anguria.
E os donos da cova
chuchaban ósos curvos,
canles sen memoria,
que a escurecida entraña
deitaba no porvir.