BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 20/09/2019
NÓS - CONCHA BLANCO

A mentira é un tirizó. 

O tirizó está nos ollos. 

A ferida vomitou 
leucocitos fedorentos 
no espeso líquido amarelo. 

Non paraba de deitar. 

Os ollos miraban 
coa pel enrugada ó redor. 

O tirizó deixa pegadas. 

O aire mareiro 
cheira a algazo 
a peixe fresco 
a salgado. 

A luzada é insípida. 

O tirizó ole a estrume 

aínda. 

Hemeroteca