BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
NÓS - PILAR BEIRO

NORDÉS 

Agrúpome no alto 
e déixome caer 

veño aventar o gran 
levar as nenas á escola 
e as nubes lonxe. 

Ando polas guedellas das que veñen de antes 
arroutado e 
no fondo, elas lévanme a min 
as vísceras ardendo 
coma os soños 

e maldícenme 

porque son pouco piadoso cos gromos novos 
e maltrato as mellores froiteiras 

que se lle pon de sal o pensamento 
e irto 
e chámanme sentencia 
e non rumor. 

Pero só son incidentes 
que, repartido o seu peso, 
enquístanse 
e ás veces vencéronme. 

Un día traerei o ceo 
sacudireino 
e depositareino sobre a auga, ós pés do areal. 

As pedras abrirán os seus adentros 
ceibarán os nomes do que foi 
e paparannos a alma. 
Auga son e vento 
Na memoria granítica. 

Roxas coma diluvios. 

Hemeroteca