BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 14/11/2019
O petroleiro Prestige a menos de 4 millas de Fisterra.

Pese aos intentos de alonxalo de terra, ao redor das 10:30 da mañá, o Prestige e toda a súa escolta de fuel-óleo e remolcadores (ao Ría de Vigo uníranse outros tres) achegárase a menos de 4 millas da costa de Muxía.

Unha vez máis, toda Galicia, e en especial a Costa da Morte, amencía coa ameaza dun desastre natural para as súas costas; aínda que a medio día, coa mellora nas condicións meteorolóxicas, os remolcadores conseguiran facerse co control do barco e conducían cara alta mar as súas 81.574 toneladas de peso morto e as 77.000 toneladas de fuel-oleo.

Mentres, o Ministerio de Asuntos Exteriores fixo público que se estableceran contactos coas autoridades doutros paises comunitarios para pedir a axuda, se fora necesario, de buques especializados en disminuir os efectos da contaminación mariña. Ao mesmo tempo reclamábase ao Reino Unido pola falla de control do buque en Xibraltar, a onde ao parecer se dirixía.

Hemeroteca