BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 16/09/2019
Obxectivo: levar o Prestige a 120 millas da costa.

Finalmente, na tarde do día 15, os remolcadores Ría de Vigo e Sertosa 32 enganchan ó Prestige e pouco despois póñense en marcha os motores do buque; que, coa escolta dunha fragata da Armada española, tratábase de conducir cara unha distancia de 120 millas das costas galegas. Neste momento o mando das operacións de rescate corrían ao cargo da holandesa Smit Savage, responsable do reflote do submarino Kursk.

As xentes de Muxía tiñan novamente que confiar no mar e na rosa dos ventos para evitar o desastre. Pese a que as autoridades dispoñían sistemas de contención para frear a marea negra, algunhas barreiras colocaronse demasiado tarde e outras, como a de Laxe, acabaron por romper.

Hemeroteca