BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 13/11/2019
300 quilómetros de costa contaminada.

Perto de 300 quilómetros de costa galega, según datos oficiais, quedaron contaminados polas manchas de fuel que ata o de agora chegaron ao litoral, principalmente da Costa da Morte, causando uns danos de cando menos, temén según datos oficiais, 42 millóns de euros.

Outras tres importantes manchas están aproximándose á costa. Unha delas á ría de Muros e Noia; as outras duas desprázanse cara a Costa da Morte. Numerosas manchas de menor tamaño, e máis diluidas polos efectos da forte oleaxe, espárcense ao longo da fronte marítima de Galicia.

Dende a zona do afundimento exténdese unha mancha de máis de 60 quilómetros cadrados (10.000 toneladas), que o Prestige vomitou no seu intre final. 55.000 toneladas máis ameazan con derramarse a 3.500 m. de profundidade se os depósitos do petroleiro reventan finalmente.

Hemeroteca