BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 25/11/2017
Cee
Porto e potencia industrial

Fernando Blanco, benefactor de Cee

Cee

A vila de Cee honra orgullosamente aos seus dous fillos ilustres : Domingos de Andrade, autor da Torre do Reloxio da Catedral de Santiago, e Fernando Blanco Lema, ilustre benefactor da comarca.

O suntuoso edificio da Fundación Fernando Blanco, inaugurado en 1886 e outrora un dos máis avanzados centros de ensino da súa época, contén importantes coleccións de material de estudo (catálogo de cunchas mariñas e de río, maquetas dos primeiros inventos de século...) e pinturas de diversos autores, entre eles Federico de Madrazo.

Importante vila porto industrial

Cee

A actividade económica de Cee, vila da antiga provincia de Santiago, é notoria xa no séc.XV por mor do seu recollido porto e do seu gran dinamismo baseado na captura de cetáceos.

Actualmente, a vida económica de Cee xira ao redor da factoría de ferroaleacións instalada no peirao da vila, principal industria pesada desta comarca.

O rápido desenvolvemento dos últimos anos converteu a Cee nunha vila moderna que conserva poucos testemuños da antiga parroquia mariñeira, saqueada e incendiada polas tropas napoleónicas en 1809. Entre os restos de interese artístico conservados destacan a Casa de Cotón, do séc.XVIII, e a reconstruida Igrexa parroquial de Santa María de Xunqueira.

O emprazamento céntrico de Cee convértea en capital de servicios da comarca, cunha consecuente variedade de eventos festivos, e con óptimas comunicacións de acceso aos principais centros turísticos da comarca : Fisterra, Corcubión, Muxía, e as praias de Estorde, Carnota e Lires, areal situado na desembocadura dunha pequena ría aberta ao Atlántico.

Ligazóns

Hemeroteca