BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 17/10/2019
Fraga reclama apoio a Aznar para rematar a súa carreira política.

Manuel Fraga acudiu onte a Madrid e, ante a executiva do PP, reclamou unha "discriminación positiva" para Galicia (en inversións) que lle permita retirarse "con dignidade".

Esa mesma Executiva anunciou un buzoneo, máis intensivo nos fogares galegos, para explicar aos cidadáns o ben que actuou o Goberno na crise do Prestige e o mal que o fixo a oposición; aínda que esperarán a que o chapapote deixe de cubrir as praias.

Esperemos que non sexa esta a meneira pola que pretenden "discriminar positivamente" a Galicia.

Hemeroteca